- A nosa Compañía
- Os nosos Produtos
- Onde atoparnos
- Fala connosco
- Feiras e eventos
- Noticias
- Zona Profesionais / Cursos
- Tenda en liña
100% Design London
100% Design London
Na pasada edición de 100% Design London, Roca estivo presente cun orixinal stand que incorpora as once mellores propostas presentadas á última edición de Jump the Gap, o Concurso Internacional de Deseño organizado por Roca. O deseño do espazo estivo a cargo de Héctor Serrano, o autor de Waterdrop, unha especial homenaxe á auga presentada por Roca na pasada edición da feira. A rápida consolidación de Jump the Gap entre os concursos internacionais de deseño vén dada pola grande afluencia de países, 54 nesta última convocatoria, así como pola calidade das propostas. Os proxectos presentados, solucións innovadoras para o baño do futuro, saltan as limitacións do presente, convidándonos a situarnos no mañá por medio de novos produtos, novos espazos e novos usos ou funcións.
100% Design London, o evento que congrega a comunidade de deseño, é o escenario ideal para presentar estas propostas e convidar os visitantes a que interactúen con elas.


