- A nosa Compañía
- Os nosos Produtos
- Onde atoparnos
- Fala connosco
- Feiras e eventos
- Noticias
- Zona Profesionais / Cursos
- Tenda en liña
A nosa Visión
A nosa Visión
En 2007 o Grupo Roca definiu a súa Visión estratéxica de futuro, e iniciou un proceso de transformación interna co obxectivo de acadala. Este proceso de cambio, denominado Visión 2020, abrangue desde o seu inicio en 2007 todas as áreas de actuación do Grupo.
Visión 2020 (V2020) basea a súa filosofía nun compendio de accións que sirvan para visualizar, definir e crear, desde a nosa posición de líder, como queremos que sexa o espazo do baño do futuro.
Para acadar este obxectivo, Roca afonda en diversas materias e desde varios ámbitos, quer científicos, sociais ou económicos, co fin de anticiparse a cambios e hábitos na nosa sociedade, o que lle permite proporcionarlles aos consumidores novas solucións de benestar que respondan ás súas necesidades, sexan de diferentes culturas ou sociedades.
Así mesmo, V2020 afonda na innovación continua, non só desde o punto de vista da mellora de eficiencia de procesos ou tecnoloxía, senón tamén desde o punto de vista do produto, ofrecendo a mellor calidade, novas funcionalidades, novidosos materiais ou avances en sostibilidade, polo que é unha importante fonte de creación de valor para a empresa e, en consecuencia, constrúe un sólido liderado de mercado.


