2009 | Premio Design Plus
Washbasin e Watercloset W+W, deseño de Gabriele & Oscar Buratti. W+W foi galardoado co premio Design Plus na feira ISH 09 en Frankfurt, premio que se convoca cada dous anos e é organizado polo Design Council e a German Association of Chambers of Industry and Commerce.
|
2008 | Design Management Europe Award (DME)
Recoñecemento europeo á mellor xestión do deseño nunha grande empresa.
|
2008 | Premio FAD Espazos Efémeros
Ao espazo "SPECIES EVOLUTION", presentado na CASA DECOR BARCELONA 2007 por Martín Azúa e Nacho Martí. Os premios FAD instituíronse no ano 1958 co obxectivo de impulsar as correntes de vangarda e recoñecer a calidade nas novas vías de busca, respectando ao mesmo tempo as linguaxes tradicionais.
|
2008 | VII Premios Cerámica de Arquitectura e Interiorismo
Roca galardoada co primeiro premio de Interiorismo pola obra La Ciudad Blanca, creada por Saeta Estudi e presentada na Casa Decor Madrid 2008.
|
2003 | Premio Top Ten Líder de Marketing
Os Premios TOP TEN-Líderes de Márketing premian, a través dun xurado de prestixio, a aplicación global e eficaz das técnicas de márketing na acción empresarial, o esforzo de orientación ao márketing e os resultados conseguidos, con independencia do volume de investimento aplicado.
|