- A nosa Compañía
- Os nosos Produtos
- Onde atoparnos
- Fala connosco
- Feiras e eventos
- Noticias
- Zona Profesionais / Cursos
- Tenda en liña
Todo en baños 2010
Todo en baños 2010
Mellorar, renovar, perfeccionar, reinventar, innovar. En Roca somos inconformistas. Este é o espírito que nos leva a imaxinarmos os novos espazos de baño. Creados pensando en ti, como pequenos universos privados onde repoñer o teu corpo e o teu espírito do trepidante ritmo de vida que nos envolve. A auga, as formas, os espazos e as cores, os materiais e as solucións, están estudados para axudarche a atopar o relax ou o estímulo, o descanso ou a inspiración que precisas para vivir o día a día. Da man dos grandes deseñadores e arquitectos, Roca proponnos solucións atrevidas e innovadoras, desenvolvidas cos materiais e os compoñentes máis avanzados, aplicados coa última tecnoloxía. Roca axúdache tamén a manter o teu compromiso co medio ofrecéndoche solucións para que reduzas o consumo de auga e enerxía. En Roca reinventamos, innovamos e perfeccionamos os espazos de baño para que ti poidas sentir.


